María Antonia Dans / Rosario Sarmiento
por Sarmiento, Rosario [autor/a]
; Sarmiento, Rosario [autor/a]
; Lobato, Xurxo (1956- ) [fotógrafo/a]
.
Tipo: 



Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | CPI Plurilingüe Virxe Da Cela Sala préstamo | 75 SAR mar | Dispoñible | CEH014000015443 |
|
“Si no fuera mujer, mis cuadros se pagarían el doble”
Mª Antonia Dans Neste ano 2022, cando se cumpre o centésimo aniversario do nacemento de Mª Antonia Dans (Oza dos Ríos, A Coruña, 1922 - Madrid, 1988), reivindicar unha creadora plástica de gran relevancia como foi ela é sen dúbida unha obrigación. Estudar, investigar e analizar con outras miradas a Mª Antonia Dans abre un espazo aínda moi necesario para profundar non só no coñecemento da súa personalidade e a súa obra, senón tamén no estudo e investigación ao redor do papel que as mulleres cumpriron na arte e na historia da arte, tanto dentro como fóra de Galicia.
Mª Antonia Dans foi unha artista de éxito e recoñecemento, pero sobre todo foi unha muller comprometida coa súa condición feminina nuns tempos en que esa actitude supoñía unha toma de conciencia e unha loita non sempre fácil por ser ela mesma. Foi unha muller adiantada ao momento histórico que lle tocou vivir, consciente da dificultade que supoñía para unha artista asumir o reto da independencia e a modernidade nos anos anteriores á democracia en España.