O galo que puxo un ovo / Indy García Acedo; ilustracións Luís Torrado Varela
por García Acedo, Indy [autor/a]; Tova, Laura [ilustrador/a].
Tipo: LibroEditor: Pontevedra : OQO editora , 2023 Edición: 1ª ed.Descrición: 36 p. : il. col. ; 25 cm.ISBN: 9788498716900.Materia(s): Igualdade | Roles de xéneroRecursos en liña: Faga clic para acceso en liña Resumo: Unha historia para reflexionar sobre os límites entre as posibilidades da bioloxía e o alcance das accións sociais e humanas. Nunha sociedade moderna e desenvolvida, aberta e democrática, os roles de xénero póñense en cuestión, discútense, e ata se experimenta coa súa inversión. En moitos aspectos sociais, as fronteiras son cada vez máis anchas, mesmo difusas. Vivimos nun contexto no que se proclama e defende a normalización e o respecto polas “diferenzas”. A loita pola liberdade e o dereito para vivir as identidades e sexualidades de forma libre permitíronnos avanzar en modelos de familia e convivencia, máis alá do molde heteropatriarcal. Neste contexto, as funcións e responsabilidades dos proxenitores biolóxicos cara aos seus descendentes escenifícanse e repártense, ata o extremo de aparecer como algo natural aquilo que a bioloxía non parecía capaz de asumir. É un reto educar na defensa e a reivindicación de todos estes avances sociais. Desta maneira, e xogando con personaxes animais, para afianzar o aspecto emocional e dos sentimentos, trasládase ao lector en formación a posibilidade, quizá tamén a necesidade, de comprender e asumir determinados comportamentos humanos e sociais que, cada vez máis, se contemplan e aceptan como “naturais”.Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | CPI Plurilingüe Virxe Da Cela Sala préstamo | 087 GAR gal | Prestado | 04/11/2024 | CEH014000015530 |
|
Unha historia para reflexionar sobre os límites entre as posibilidades da bioloxía e o alcance das accións sociais e humanas.
Nunha sociedade moderna e desenvolvida, aberta e democrática, os roles de xénero póñense en cuestión, discútense, e ata se experimenta coa súa inversión. En moitos aspectos sociais, as fronteiras son cada vez máis anchas, mesmo difusas.
Vivimos nun contexto no que se proclama e defende a normalización e o respecto polas “diferenzas”. A loita pola liberdade e o dereito para vivir as identidades e sexualidades de forma libre permitíronnos avanzar en modelos de familia e convivencia, máis alá do molde heteropatriarcal.
Neste contexto, as funcións e responsabilidades dos proxenitores biolóxicos cara aos seus descendentes escenifícanse e repártense, ata o extremo de aparecer como algo natural aquilo que a bioloxía non parecía capaz de asumir.
É un reto educar na defensa e a reivindicación de todos estes avances sociais. Desta maneira, e xogando con personaxes animais, para afianzar o aspecto emocional e dos sentimentos, trasládase ao lector en formación a posibilidade, quizá tamén a necesidade, de comprender e asumir determinados comportamentos humanos e sociais que, cada vez máis, se contemplan e aceptan como “naturais”.
4º-5º-6º Educación Infantil
1º-2º Primaria