Río sen ponte / Ilse Losa ; limiar a cargo de Ana Cristina Vasconcelos de Macedo ; traducción a cargo de Anxo Tarrio
por Losa, Ilse; Losa, Ilse (1913-2006).
Tipo: LibroEditor: A Coruña : Hercules de Edicións , 2021 Descrición: 233 p. ; 21 cm.ISBN: 9788418966125.Materia(s): Aventura | POSTGUERRAResumo: Tras a publicación en 2019 de O mundo en que vivín, aparece agora por primeira vez en galego Río sen ponte, a segunda novela escrita por Ilse Losa, en 1952. A acción desenvólvese en Alemaña en 1933 ao redor dos personaxes alemáns non-xudeus Johann Schuster e Jutta Berner. Jutta vese obrigada a abandonar a súa terra natal por motivos económicos e reinstálase cos seus pais na cidade onde vive Johann co seu pai, Bernhard Schuster, propietario dunha tenda de teas e de roupa. A nai de Johann morrera ao parir o seu fillo. Jutta, pola súa parte, é filla dun home que loitou nas trincheiras durante a Primeira Guerra Mundial e que, desde que volveu á casa, non consegue un traballo estable. A súa nai, Eva Berner, ten dous traballos para afrontar as moitas necesidades da familia. Jutta e Johann coñécense nunha Asociación da Mocidade, e Jutta sente que nel atopa unha confianza e un benestar que non experimentara ata ese momento. Con todo, a súa relación verase interrompida polas circunstancias políticas e económicas que os rodean. Do mesmo xeito que en O mundo en que vivín, tamén aquí nos atopamos cunha protagonista que, por mor da crise que atravesaba Alemaña, se ve obrigada a deixar o seu país. Neste caso, o destino é Londres, onde se dedicará a coidar os nenos dunha familia de ascendencia xudía, nun escenario de persecución dos xudeus e de todos aqueles que non compartían a ideoloxía do III Reich.Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | CPI Plurilingüe Virxe Da Cela Sala préstamo | 82-N LOS río | Dispoñible | CEH014000014527 |
|
Anxo Tarrío (tradutor)
3º-4º Primaria
Tras a publicación en 2019 de O mundo en que vivín, aparece agora por primeira vez en galego Río sen ponte, a segunda novela escrita por Ilse Losa, en 1952.
A acción desenvólvese en Alemaña en 1933 ao redor dos personaxes alemáns non-xudeus Johann Schuster e Jutta Berner. Jutta vese obrigada a abandonar a súa terra natal por motivos económicos e reinstálase cos seus pais na cidade onde vive Johann co seu pai, Bernhard Schuster, propietario dunha tenda de teas e de roupa. A nai de Johann morrera ao parir o seu fillo. Jutta, pola súa parte, é filla dun home que loitou nas trincheiras durante a Primeira Guerra Mundial e que, desde que volveu á casa, non consegue un traballo estable. A súa nai, Eva Berner, ten dous traballos para afrontar as moitas necesidades da familia. Jutta e Johann coñécense nunha Asociación da Mocidade, e Jutta sente que nel atopa unha confianza e un benestar que non experimentara ata ese momento. Con todo, a súa relación verase interrompida polas circunstancias políticas e económicas que os rodean.
Do mesmo xeito que en O mundo en que vivín, tamén aquí nos atopamos cunha protagonista que, por mor da crise que atravesaba Alemaña, se ve obrigada a deixar o seu país. Neste caso, o destino é Londres, onde se dedicará a coidar os nenos dunha familia de ascendencia xudía, nun escenario de persecución dos xudeus e de todos aqueles que non compartían a ideoloxía do III Reich.