Vista normal Vista MARC Vista ISBD

O galo que puxo un ovo / Indy García Acedo; ilustracións Luís Torrado Varela

por García Acedo, Indy [autor/a]; Tova, Laura [ilustrador/a].
Tipo: materialTypeLabelLibroEditor: Pontevedra : OQO editora , 2023 Edición: 1ª ed.Descrición: 36 p. : il. col. ; 25 cm.ISBN: 9788498716900.Materia(s): Igualdade | Roles de xéneroRecursos en liña: Faga clic para acceso en liña Resumo: Unha historia para reflexionar sobre os límites entre as posibilidades da bioloxía e o alcance das accións sociais e humanas. Nunha sociedade moderna e desenvolvida, aberta e democrática, os roles de xénero póñense en cuestión, discútense, e ata se experimenta coa súa inversión. En moitos aspectos sociais, as fronteiras son cada vez máis anchas, mesmo difusas. Vivimos nun contexto no que se proclama e defende a normalización e o respecto polas “diferenzas”. A loita pola liberdade e o dereito para vivir as identidades e sexualidades de forma libre permitíronnos avanzar en modelos de familia e convivencia, máis alá do molde heteropatriarcal. Neste contexto, as funcións e responsabilidades dos proxenitores biolóxicos cara aos seus descendentes escenifícanse e repártense, ata o extremo de aparecer como algo natural aquilo que a bioloxía non parecía capaz de asumir. É un reto educar na defensa e a reivindicación de todos estes avances sociais. Desta maneira, e xogando con personaxes animais, para afianzar o aspecto emocional e dos sentimentos, trasládase ao lector en formación a posibilidade, quizá tamén a necesidade, de comprender e asumir determinados comportamentos humanos e sociais que, cada vez máis, se contemplan e aceptan como “naturais”.
    valoración media: 0.0 (0 votos)
Tipo de ítem Localización actual Sinatura topográfica Número de volume Dispoñibilidade Notas Data de vencemento Código de barras Datos do exemplar
Prestable CPI Plurilingüe Virxe Da Cela
Sala préstamo
087 GAR gal Prestado 04/11/2024 CEH014000015530

Unha historia para reflexionar sobre os límites entre as posibilidades da bioloxía e o alcance das accións sociais e humanas.

Nunha sociedade moderna e desenvolvida, aberta e democrática, os roles de xénero póñense en cuestión, discútense, e ata se experimenta coa súa inversión. En moitos aspectos sociais, as fronteiras son cada vez máis anchas, mesmo difusas.

Vivimos nun contexto no que se proclama e defende a normalización e o respecto polas “diferenzas”. A loita pola liberdade e o dereito para vivir as identidades e sexualidades de forma libre permitíronnos avanzar en modelos de familia e convivencia, máis alá do molde heteropatriarcal.

Neste contexto, as funcións e responsabilidades dos proxenitores biolóxicos cara aos seus descendentes escenifícanse e repártense, ata o extremo de aparecer como algo natural aquilo que a bioloxía non parecía capaz de asumir.

É un reto educar na defensa e a reivindicación de todos estes avances sociais. Desta maneira, e xogando con personaxes animais, para afianzar o aspecto emocional e dos sentimentos, trasládase ao lector en formación a posibilidade, quizá tamén a necesidade, de comprender e asumir determinados comportamentos humanos e sociais que, cada vez máis, se contemplan e aceptan como “naturais”.

4º-5º-6º Educación Infantil

1º-2º Primaria

Coa tecnoloxía Koha